Espazo Afable

Terapia Reversión da Dor

Profesional: Fátima Bermejo Rubio

Detalles: Especialista en dor crónica e afeccións psicofisiolóxicas

Saber máis https://espazoafable.com/equipo/fatima-bermejo-rubio/

A Terapia Reversión da Dor é o resultado do estudo e aplicación práctica dos diferentes modelos terapéuticos probados cientificamente para o tratamento da dor crónica, que se veñen aplicando nas últimas décadas nos países de fala inglesa (EE.UU, Australia, Reino Unido).

Trátase dun enfoque esencialmente pedagóxico, liderado pola fisioterapeuta, espinóloga e profesora universitaria Encarna Espunya Ripoll, baseado na perspectiva biopsicosocial para a reversión da dor e outros síntomas psicofisiolóxicos, a través do seguimento terapéutico tanto individualizado como grupal, presencial ou en liña.

QUE É

A Terapia Reversión da Dor é un enfoque científicamente probado para o tratamento da dor crónica, as afección psicofisiolóxicas e síntomas sen explicación médica, dentro do modelo biomédico da salutoxénese. Tratase dun acompañamento personalizado baseado na educación en neurociencias da dor, a terapia de reprocesamento da dor e a terapia de conciencia e expresión emocional, co obxectivo de reprogramar os camiños neuronais no cerebro para desactivar a dor.

A neurociencia revela que a dor xerase no cerebro por vías neuronais creadas e perpetuadas por aprendizaxe. Estas vías están relacionadas cos circuitos neuronais do estrés, o trauma, as experiencias adversas na infancia e os circuitos neuronais emocionais, que interveñen na construcción da experiencia da dor, mesmo sen haber dano nos tecidos.

Saír dun estado de alerta mantido no tempo é un adestramento. A TRD bríndanos as ferramentas que revirten os síntomas, desactivando mecanismos de protección como a dor, a inflamación, a ansiedade ou a fatiga. Estas ferramentas están avaladas por unha rigorosa investigación científica nas que chegaron a superar ao placebo, á medicación, as infiltracións, a certos tipos de cirurxía e á terapia conductivo-conductual, que habitualmente se utiliza para tratar de aliviar a dor crónica.

A QUEN SE DIRIXE

A persoas proactivas na procura dunha solución definitiva, que queren poñer en marcha os seus recursos e aprender a saír da súa situación, pois comprenden que crónico non significa irreversible.

QUE PODEMOS TRATAR CON TRD

Dores crónicas de cabeza, migrañas.
Fibromialxia.
Dor pélvica.
Fatiga crónica inexplicable.
Síndrome de intestino irritable, s. de vexiga irritable.
Sídrome túnel carpiano, cóbado de tenista, síndrome rexional complexo.
Dor cervical, dorsal ou lumbar asociada a hernias e/ou protusións discais e cambios dexenerativos.
Outras dores músculo-esqueléticas de ombros, xeonllos, etc.
Algúns tipos de afeccións cutáneas e eccemas.
Dor asociada a endometriose.
Dor asociada a artrose.
Enfermidades funcionais que cursan con dor e síntomas sen explicación médica.
Algún tipos de acúfenos/tinnitus.
COVID persistente.

COMO SABER SE É PARA MIN

Se queres deixar de verte incapaz ou moi restrinxida/o para levar a cabo actividades cotiás.
Se estás farta/o de pagar por tratamentos que non son resolutivos.
Se desexas recuperar plenamente a túa vida en todos os seus aspectos.
Se estás disposta/o a facer unha transformación vital para sanar.