Afable nasceu en maio de 2023 para brindar un novo lugar de encontro e harmonía relacional entre profesionais e veciñanza, recuperando un local de acompañamento sobranceiro no compostelano barrio de San Pedro, que fora herbolario e espazo de terapias manuais durante máis dunha década.
É un lugar multidisciplinar no centro de Santiago de Compostela onde os profesionais (autónomas, emprendedoras e pequenas empresas) poden desenvolver os seus proxectos nun ambiente colaborativo que valora o benestar das personas, a conciliación familiar e a economía social e solidaria.
Un lugar para compartir ideas, proxectos e sinerxías.
Un novo espazo social aberto ao público onde asistir a diversos eventos (exposicións, cursos, proxeccións, conferencias, obradoiros…) para promover o benestar e a saúde desde unha perspectiva biopsicosocial.